CLIT, Emma: La carga mental, Lumen
A ilustradora e bloguera feminista E. Clit contribuíu a facer viral o concepto de “carga mental” que dá título e este cómic. As viñetas ilustran esa carga que supón para as mulleres ser as únicas na parella que teñen na cabeza todo o relacionado coas cuestión domésticas, o que se traduce nun traballo permanente e invisible e un tempo extra que elas dedican a pensar en todo o que hai que facer no fogar (planificar, facer listas, lembrar cousas…).
Mediante viñetas sinxelas consegue plasmar con intelixencia e humor situacións cotiás, grandes e pequenas, que son mostras de sexismo. Nos distintos capítulos achégase cunha visión crítica e irónica a aspectos como a mirada masculina sobre o corpo da muller, a sexualidade feminina, as reaccións ante comentarios ou actitudes machistas, a maternidade e a conciliación ou a concepción do traballo.
Unha obra que axuda a tomar conciencia da desigualdade.
(Recensión de Sonia Soto, profesora de Filosofía)
Ningún comentario:
Publicar un comentario