mércores, 14 de novembro de 2018

LA CARGA MENTAL





CLIT, Emma: La carga mental, Lumen

A ilustradora e bloguera feminista E. Clit contribuíu a facer viral o concepto de “carga mental” que dá título e este cómic. As viñetas ilustran esa carga que supón para as mulleres ser as únicas na parella que teñen na cabeza todo o relacionado coas cuestión domésticas, o que se traduce nun traballo permanente e invisible e un tempo extra que elas dedican a pensar en todo o que hai que facer no fogar (planificar, facer listas, lembrar cousas…).

Mediante viñetas sinxelas consegue plasmar con intelixencia e humor situacións cotiás, grandes e pequenas, que son mostras de sexismo. Nos distintos capítulos achégase cunha visión crítica e irónica a aspectos como a mirada masculina sobre o corpo da muller, a sexualidade feminina, as reaccións ante comentarios ou actitudes machistas, a maternidade e a conciliación ou a concepción do traballo.

Unha obra que axuda a tomar conciencia da desigualdade.

(Recensión de Sonia Soto, profesora de Filosofía)

domingo, 4 de novembro de 2018

BOTANICUM



KATHY SCOTT: Botanicum, Ed. Impedimenta, 2016.

Un xardín botánico portátil, unha experiencia sensorial total e unha guía útil comisariada por Kathy Willis, conservadora xefe dos Kew Gardens de Londres, que se presenta coas esplendorosas ilustracións de Katie Scott.

http://impedimenta.es/libros.php/botanicum

(Reseña da profesora de Lingua Castelá e Literatura, Julia Verdullas)

ANIMALIUM



JENNY BROOM: Animalium, Ed. Impedimenta, 2007.

Con Animalium poderás aprender como evolucionaron as especies e explorar o reino animal no seu esplendor. Maravillosas ilustracións e moitísimo que aprender con esta obra.

http://impedimenta.es/libros.php/animalium

(Recomendación da profesora de Lingua Castelá e Literatura, Julia Verdullas)

¿CÓMO SE LLAMA ESTE LIBRO?



RAYMOND SMULLYGAN: ¿Cómo se llama este libro? El enigma de Drácula y otros pasatiempos lógicos, Ed. Cátedra. Colección Teorema, 2007.

¿Cómo se llama este libro? é unha entretida obra de divulgación da lóxica a través de divertidas e ocorrentes adiviñas. Para resolver os enigmas hai que razoar facendo uso da lóxica máis coherente.

Está dividido en catro partes, onde se tratan adiviñas lóxicas, problemas de cofres e outros misterios, contos extraordinarios e un repaso a historia da lóxica a través de paradoxos e anécdotas. O libro iníciase con problemas sinxelos, cos que comezar a entrenar a mente no xogo do razoamento, pero os pasatempos van medrando en dificultade. Ao final de cada apartado aparecen as solucións aos enigmas claramente explicadas. 

(Recensión da profesora de Filosofía, Sonia Soto)

DAME REGGAETÓN, PLATÓN



JOSEP SOLERDame reggateón, Platón. Una historia de la filosofía en 15 lecciones, Ed. Montena, 2018.

A obra de Josep Soler, Dame reggaetón, Platón é unha introdución fresca e actual á historia da filosofía para adolescentes. A través de 15 lecciones que plantexan temas como o amor, a identidade, a bondade e a maldade, as decisións, a beleza, etc., o autor reflexiona a partir do legado de filósofos coma Sócrates, Protágoras, Platón, Descartes, Marx, Nietzsche ou Hannah Arent, mostrando así a vixencia das súas filosofías para responder as cuestións que seguen a ser as “raiadas” máis universais. 

A través dunha presentación orixinal, moi visual e desenfadada, o autor pretende con este libro analizar eses pensamentos que sacuden a túa cabeza coma o reggaetón o fai co teu corpo.

(Recensión da profesora de Filosofía, Sonia Soto)