sábado, 6 de outubro de 2018

KHALED HOSSEINI: SÚPLICA A LA MAR



KHALED HOSSEINI: Súplica a la mar. Ilustracións de Dan Williams. Ed. Salamandra. 12 euros. 

NOVELA BREVE ILUSTRADA

A primera recomendación que propoñemos desde a biblioteca do noso instituto é esta breve obra narrativa, de poucas palabras, maravillosas ilustracións e emocións intensas. Inspirada na coñecida historia do neno Aylan Kurdi, trátase ducha plegaria que un pai dirixe á mar a véspera da VIAXE que se dispoñen a emprender. Mentres vela ao seu fillo durmido, reflexiona sobre a perigosa travesía que lles agarda e lembra a súa vida en Homs antes da guerra.

Khaled Hosseini naceu en Kabul, Afganistan. É Embaixador de Boa Vontade de ACNUR e creador de The Khaled Hosseini Foundation, unha organización sen ánimo de lucro que ofrece asistencia humanitaria a personas necesitadas de Afganistan.

(Recensión da profesora de Lingua Castelá e Literatura, Julia Verdullas)

Ningún comentario:

Publicar un comentario