xoves, 25 de outubro de 2018

UNA BALA PARA EL RECUERDO



MAITE CARRANZA: Una bala para el recuerdo, Ed. Santillana

A nosa nova recomendación é unha breve pero intensa novela que nos leva a unha viaxe emocionante. É a VIAXE dun rapaz de trece anos, Miguel, que vai na procura do seu pai e que ten como telón de fondo a Guerra Civil. Da man de Miguel viviredes intensas aventuras e coñeceredes curiosos personaxes. Non a deixedes escapar, animádevos a lela!

Maite Carranza traballou como profesora e guionista e ten recibido numerosos premios como escritora, entre eles o Premio Nacional de Literatura no ano 2010.

(Recensión da profesora de Lingua Castelá e Literatura, Rocío Gómez)

sábado, 6 de outubro de 2018

PLANETARIUM


Chris Wornmell e Raman Prinja (coord.): Planetarium, Ed. Impedimenta.

DIVULGACIÓN CIENTÍFICA, CURIOSIDADES.

Como primeira novidade da nosa biblioteca temos Planetarium, unha nova entrega da colección "Visita nuestro museo", que nos amosa unha extraordinaria VIAXE a través do espacio exterior, desde o Sol e o noso Sistema Solar, pasando por innumerables estrelas e asteroides, a Vía Láctea e o Universo que se extende máis alá. 

Déixovos o enlace á editorial: http://impedimenta.es/libros.php/planetarium

(Recomendación da profesora de Lingua Castelá e Literatura, Julia Verdullas)

KHALED HOSSEINI: SÚPLICA A LA MAR



KHALED HOSSEINI: Súplica a la mar. Ilustracións de Dan Williams. Ed. Salamandra. 12 euros. 

NOVELA BREVE ILUSTRADA

A primera recomendación que propoñemos desde a biblioteca do noso instituto é esta breve obra narrativa, de poucas palabras, maravillosas ilustracións e emocións intensas. Inspirada na coñecida historia do neno Aylan Kurdi, trátase ducha plegaria que un pai dirixe á mar a véspera da VIAXE que se dispoñen a emprender. Mentres vela ao seu fillo durmido, reflexiona sobre a perigosa travesía que lles agarda e lembra a súa vida en Homs antes da guerra.

Khaled Hosseini naceu en Kabul, Afganistan. É Embaixador de Boa Vontade de ACNUR e creador de The Khaled Hosseini Foundation, unha organización sen ánimo de lucro que ofrece asistencia humanitaria a personas necesitadas de Afganistan.

(Recensión da profesora de Lingua Castelá e Literatura, Julia Verdullas)